miércoles, 2 de diciembre de 2009

...e xa choveu dende aquela.

Hola, aquí estou dous anos e pico despois da ultima entrada, ca sorpresa de que tiña un blog! Bueno, penso retoma-los meus plans contra o mundo capitalista, e cun pouco de sorte e axuda, levar a cabo algún deles... eu non volvería a tentar á sorte indo ao mcdonald's ou ao burguer king... igual atopades unha dosis de salsa yogur caseira jajaja.

Sigue chovendo aí fora, e a puta tele estanos a hipnotizar, pero a chuvia é cada vez máis forte, e o son das pingas hanos espertar.
Probablemente non hoxe, nin tampouco mañá, pero nunha destas, as portas da percepción artificial serán superadas, e o mundo mostrarase como tal.

Noto que, inda que a chuvia sexa cada vez máis forte, co tempo, as persoas acostúmanse a ese ruido de fondo. Sin embargo é máis ca un ruido, son millóns de pingas que caen contra o chan, diariamente. Non podemos olvidar o que ocorre, non podemos darlle a espalda á verdade e sentarnos a mira-la tele o resto da vida. Encántame mira-la chuvia, porque prodúceme unha estraña sensación agridoce, e non deixo de mirar pola fiestra porque, inda que me doa coñecer o que pasa de verdade ahí fora son consciente de que non estou mirando a tele, coma un robot sen alma, coma unha galera sen rumbo, botada a perder nun mar artificial. Convídovos amizosamente a todos, sexa cal sexa o voso pensamento, a plantexarvos se estades hipnotizados; inda que o máis probable e que os que o estean, non fosen quen de chegar a este punto da redacción. Pero sempre hai algún que só necesita atopar a luz da saída da cova para tronza-las súas cadeas.

Sabede que todo idealista do mundo, sexa cal sexa a súa idade, non está só, porque tra-la nosa coraza hai algo máis que carne e óso; tra-la nosa coraza hai ideais, e estes non entenden de espazo nin tempo. Non importa que o que lea isto esté a milleiros de quilómetros, o que importa e a certeza de que sempre quedará unha esperanza para a xustiza, para a rebelión, e algún día acabaremos con toda esta merda.

No hay comentarios: